viernes, 26 de febrero de 2010

DISFRAZÁMONOS!!!!


Aí vén Don Carnal

todos por igual,


o ben e o mal


collidos da man


...


Así comeza un poema de Xoán Neira sobre o tempo do Antroido, tempo de enchentas, ousadías e coplas. E falando de coplas, nós tamén fixemos algunhas , na clase, sobre temas actuais, por exemplo, sobre o decreto do galego, sobre a goleada do Alcorcón ao Madrid, sobre o mamporrazo de CR9 a Mtiliga, sobre as desavenencias entre o noso alcalde e Cancio...Se queredes lelas,temos un libriño sobre o Antroido onde están recollidas. Non esperedes gran cousa pero gustounos moito facelas e pasámolo pipa.






Momentos do Nadal






Detalle dos adornos das ventás da nosa clase








Aquí estamos nós regueifando

Chegou o Nadal!!!!!


Como xa é unha tradición neste colexio, adornamos as ventás da nosa clase e, sen contar...a ANPA deunos o terceiro premio!

Outro costume foi o de participar no concurso de poesías e no de postais que convoca a Biblioteca Municipal. Puxemos todo o noso esforzo...pero desta vez ninguén da clase resultou premiad@.

No festival que organiza o colexio, interpretamos unha regueifa nenos contra nenas ou viceversa.Foi idea de Noelia, a profe de Música, e o caso foi que o pasamos moi ben.

No concurso de postais de Nadal que se organiza no colexio,a premiada foi a de Nuria Meijide. Tamén gustaba moito a de Hugo, que se inspirou na peli de "Charlie y la fábrica de chocolate" .

O OUTONO NO COLEXIO




En novembro,tempo de castañas e magostos, o alumnado de 5º preparou uns murais sobre este froito e a súa degustación. Finalmente, que mellor que rematar a actividade probando unhas ricas castañas asadas!!!!

lunes, 22 de febrero de 2010

O Antroido


Nesta sección imos contar curiosidades sobre esta festa pagana.

Benvid@ ao novo blog!!!!!


Ola!!!! dámosvos a benvida ao noso novo blog. Somos os alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CEIP DE FOZ Nº 1 e neste blog ímosvos dar a coñecer os nosos traballos. Espero que vos gusten!!!