lunes, 12 de abril de 2010

Canta o cuco no val
píntase a ría de cores.
Medra o murmurio do mar
co arrecendo das flores.

Regálanlles o seu néctar
ás preciosas bolboretas.
Mentres as quentes raiolas
pousan diamantes nas ondas.
            (...)
¡É tempo de namorados!
Van de voda os paxaros.
Moitos xuntos ,en bandadas,
polas fragas encantadas.

¡Xa chegou a primavera!
Moi presumida e inqueda.
Vai buscar ao seu irmán
o caloroso verán.

       (Xoán Neira)

A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ

A primavera xa chegou!!! Despois dun inverno longo, chuvioso, ventoso e frío, por fin as raiolas do sol déixanse ver.
Na primavera, as árbores énchense de flores ( das que logo van saír os froitos), os paxaros saen dos seus cubís e podemos escoitar os seus trinos e  empezamos a ver moitas leiras recén labradas ( é tempo de sementar as patacas, por exemplo).