lunes, 12 de abril de 2010

Canta o cuco no val
píntase a ría de cores.
Medra o murmurio do mar
co arrecendo das flores.

Regálanlles o seu néctar
ás preciosas bolboretas.
Mentres as quentes raiolas
pousan diamantes nas ondas.
            (...)
¡É tempo de namorados!
Van de voda os paxaros.
Moitos xuntos ,en bandadas,
polas fragas encantadas.

¡Xa chegou a primavera!
Moi presumida e inqueda.
Vai buscar ao seu irmán
o caloroso verán.

       (Xoán Neira)

1 comentario:

  1. Mira cuantas floreeeeeeeees!!!!!!!!!!! y que coloreeeeeesssssssssss hay en Alfoz!!!!!!!

    ResponderEliminar